A voz das últimas cigarreiras coruñesas

ISBN: 9788499953885
Col·lecció: BAIA ENSAIO
Autor: Romero Masiá, Ana
Editorial: BAIA
Publicat: 2.022
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: RUSTICA
Pàgines: 176
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/386065/image_1920?unique=87df8b3
(0 revisar)

30,21 € 30.21 EUR 31,80 €

31,80 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    Darlles voz ás cigarreiras. Iso mesmo debeu pensar Emilia Pardo Bazán. Darlles voz directa, non falar sobre elas ou por elas, senón que sexan elas as que falen por si mesmas. Nesta ocasión non puidemos ir á Fábrica de Tabacos agora convertida en Audiencia Provincial pero buscamos lugar no que encontrarnos para falar con elas. Así, ao longo de horas de conversa con Pilar, Cani, Lolecha, Mariceli, Rosi, Elena, Camocha, Matucha, Elvira e Rosalía puidemos comprobar como pasados xa case 20 anos do peche da Palloza seguen emocionándose cando rememoran o seu paso polos diferentes talleres, as relacións cos xefes, as festas na fábrica, as dificultades para compaxinar traballo e familia... e, sobre todo, a dor e a tristura dos últimos días como cigarreiras. As entrevistas tratan de recoller as lembranzas de múltiples aspectos relacionados co seu traballo, pero tamén sobre ese sentimento que aínda manteñen de ser cigarreiras. Moitas das cuestións presentadas están precedidas por textos literarios a maioría de Pardo Bazán que serven para establecer similitudes, contrastes ou para evidenciar os profundos cambios que se produciron no traballo desas mulleres co paso do tempo. Esta publicación ten como sentimento de partida algo similar ao que debeu de atraer a Pardo Bazán cando elixiu a Fábrica de Tabacos e as súas operarias para escribir La Tribuna. Esa fermosa novela dálle voz a un colectivo de mulleres que, malia a época na que foron retratadas, xa se converteran en forza cívica que acabou por contribuír a darlle forma a idiosincrasia desta cidade. Ou aínda máis. Emilia Pardo Bazán detectou a fortaleza destas mulleres contribuíndo a poñelas no papel de protagonistas dos cambios sociais que daquela estaban a acontecer. En realidade, dona Emilia non fixo máis que actuar como testemuña (pioneira, perspicaz) dunha realidade que aínda non era recoñecida.