Alguén así é o Deus en quen eu creo

ISBN: 9788498654431
Col·lecció: ENSAIO
Autor: Torres Queiruga, Andrés
Editorial: GALAXIA
Publicat: 2.012
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: TAPA BLANDA O BOLSILLO
Pàgines: 220
Termini d'entrega: 4 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/949474/image_1920?unique=d17dbfa
(0 revisar)

21,80 € 21.8 EUR 22,95 €

22,95 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    Alguén así expresa a tensión íntima que caracteriza as expresións vivas da fe. Suxire a firmeza de fondo, a confianza que nunca falla. A súa unión dinámica co alguén apunta ao inacabamento da comprensión, ao ámbito sempre aberto do Misterio. Empeza pola exposición directa e familiar do central na fe. Faino en dous capítulos: o primeiro, cunha linguaxe máis de anuncio que de fundamentación teolóxica;o segundo acode ao rexistro simbólico, buscando a forza suxestiva de catro metáforas luminosas. A parte segunda é xa de clara formulación teolóxica, con tres capítulos: o primeiro de fundamentación radical, apoiado na creación-por-amor;os outros dous explicitan dúas consecuencias de especial relevancia para unha comprensión consecuente da fe na cultura actual: o problema do mal e o da oración de petición. A última parte conclúe o camiño abordando cuestións de claro talante especulativo que, dende a soleira da filosofía, se achegan ás fronteiras do místico. Poden ser interesantes para o curioso lector ou a curiosa lectora, pero son perfectamente prescindibles para os que prefiran non se internar neses eidos.En coedición coa Fundación Isla Couto, Galaxia publica este ensaio no que o teólogo Andrés Torres Queiruga fai unha proposta positiva, coa tranquilidade de espírito e coa apertura que sempre caracterizou a súa obra, respecto da presenza da fe na nosa cultura.