Poesía que é equilibrio entre a vivencia íntima e a perspectiva panorámica do acontecer colectivo. Ese é o espírito desta Conversa na que o texto orixinal dialoga coa versión galega de Xosé Mª Alvarez Cáccamo. Poesía de base moral, asentada na vivencia do día (amor, amizade, nostalxia, sátira, emoción e paixón compartida) e firmemente alicerzada na experiencia revolucionaria. Selección da obra dun dos principais poetas cubanos contemporáneos, Roberto Fernández Retamar, en edición bilingüe