Entre Lonxe de nós e dentro, publicado en 1961, e Arredor do non, de 1995, o seu mundo ficcional afírmase e expándese. O tradicional pode ser moderno e o autóctono semellar alleo, vida urbana e vida rural non se opoñen, narración e pensamento fúndense para penetraren no lector con esa humilde capacidade de suxestión que só os grandes escritores posúen. Este libro reúne os relatos completos de Camilo Gonsar, autor dunha das obras narrativas máis singulares das escritas en Galicia desde a década de 1960.