O cómic rescata a historia de Irene González Basanta, unha coruñesa que xogou ao fútbol nos anos vinte do pasado século, Tal e como sinala Óscar Losada O de Irene González é un caso único no mundo. Na década dos vinte do século pasado foi a primeira rapaza que rompeu barreiras no fútbol, ao se converter na porteira e capitá do equipo masculino coruñés ao que deu nme: o Irene F.C. As crónicas deportivas da época destácana como boa porteira e sinalan que os penaltis sempre os tiraba ela.