BREVE HISTORIA DA CORUÑAia)

ISBN: 9788496893450
Col·lecció: RETALLOS NOSA HISTORIA
Autor: Longueira Fafián, Felix
Editorial: BAIA
Publicat: 2.008
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: OTRO FORMATO LIBRO
Pàgines: 128
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/297809/image_1920?unique=6ff04b9
(0 revisar)

10,51 € 10.51 EUR 11,06 €

11,06 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    Esta Breve Historia da Coruña pretende ser curta, manexábel e divulgativa. En nada busca ser exhaustiva nin comprensiva, porque non se poden esgotar nunhas poucas páxinas asuntos que xeraron polémicas sen conto. Non pretende servir como introdución a outros estudos de maior densidade, aínda que os recomende e deles se alimente. Este libro enténdese como un paseo pracenteiro pola cidade. Vai na axuda do cidadán curioso que, no medio da trasfega cotiá, ten un momento para deterse e preguntarse polo sentido das rúas, das prazas, dos edificios: polo seu propio sentido. Por iso nos esforzamos por xunguir a historia da cidade aos nomes dos lugares, á configuración dos barrios e á lembranza das persoas senlleiras que neles habitaron. O segundo dos propósitos deste libro é o de situar a cidade no seu contexto galego e galeguista. Asumimos sen discusión que non se pode negar á Coruña a súa longa vinculación co resto de Galiza e o seu traballo a prol da cultura e da política galegas. Desde este punto de partida queremos percorrer a cidade;queremos ver nela o que queda do que foi e o que aínda se pode imaxinar na memoria colectiva e por baixo dos disfraces das construcións e dos costumes novos cos que a modernidade a miúdo trata de esquecer o pasado.