Catro nenos sentan na mesa da cociña e choran pola súa avoa, gravemente enferma, a quen a Morte acaba de vir buscar. Morte toma unha cunca de café con eles mentres lles conta unha historia que os fai entender que a morte é triste, pero tamén necesaria, e que lles axuda a decatarse do valor da perda da vida e a importancia de poder dicir adeus.