A TRAVÉS DO FUME

ISBN: 9788491511885
Col·lecció: LITERARIA
Autor: Piñeiro, Antonio
Editorial: GALAXIA
Publicat: 2.018
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: LIBRO EN OTRO FORMATO
Pàgines: 128
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/300797/image_1920?unique=073dddd
(0 revisar)

14,73 € 14.73 EUR 15,50 €

15,50 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    PREMIO TORRENTE BALLESTER 2017 Nina diríxese ao aeroporto flamengo de Zaventem para recoller o voo de regreso a Santiago. Vai pensando nos motivos que a levaron ata alí. Unha fervenza de sensacións e emocións asolágaa: maletas, viaxeiros, altofalantes, rótulos publicitarios e rostros que se confunden con outros rostros a través do fume doutra viaxe. A viaxe interior, a viaxe do tempo. Coa linguaxe da evocación e da invocación, António Piñeiro tece nesta novela as revoltas das lembranzas no pensamento dunha muller. Memorias, desexos e devezos na febra dunha corrente de consciencia que describe sutilmente, parágrafo a parágrafo, os recullos dunha época e o misterio dunha historia de amor definitiva. Co pano de fondo da emigración galega a Europa, ese retorno vai acabar sendo o retorno da protagonista a si mesma, un regreso ás vivencias e enigmas do pasado. A relación cos pais, as promesas incumpridas, os soños desgastados, os amores difíciles levan a novela a un final insólito. A través das sensacións, dos retrincos de imaxes, dos momentos, recendos e sons inesquecibles, aparece a potencia literaria dunha obra que, desde o abraio, deixa ao descuberto a historia oculta, íntima e dolorosa, dun drama persoal e colectivo.