Nas ruínas dun sanatorio situado nun lugar perdido da serra de Madrid agóchase un segredo arrepiante que ninguén debería desvelar. Sebas, o seu curmán Álvaro e a panda dos Furtivos ignoran que asomárense a un inquietante burato marcará as súas vidas para sempre. Aínda que ese non será a única descuberta do verán;tamén, o medo á morte, o amor, a traizón, o sentido da amizade e todos os sentimentos que converxen no bordo da adolescencia.