Cumes Torboentos

ISBN: 9788484876502
Col·lecció: NARRATIVA
Autor: Emily Brontë
Editorial: LAIOVENTO (IBD)

Classe: LIBROS

Idioma: SPA
Enquadernació: NULL
Pàgines: 382
Termini d'entrega: 4 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/909106/image_1920?unique=2f79547
(0 revisar)

22,75 € 22.75 EUR 23,95 €

23,95 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    "Wuthering Heights"" ou "Cumes Torboentos", na nosa tradución, é unha das novelas inglesas máis sobranceiras do século XIX e Emily Brontë, a súa autora, pertence a ese escaso e escolleito fato de escritores que acadaron o recoñecemento literario cun único libro, aínda que en verdade tamén é autora dalgúns poemas. A novela é unha exposición arrebatadora sobre o fado, a obsesión, a paixón e maila vinganza a través duns personaxes de espírito atolado ou mesmo perverso que viven nun ámbito social predominantemente mesquiño e nunha natureza agreste, mormente inclemente e tan ríspeto coma moitos dos persoaxes. É unha narrativa adiantada ao seu tempo que será un modelo para a literatura romántica posterior, coa súa historia pasional de amor, odio e vinganza nun ambiente hostil. Unha obra que crebou os canons morais da Inglaterra vitoriana e os estilísticos coa súa estrutura de bonecas matrioscas. Con todo, "Cumes Torboentos" non só é a historia do amor imposíbel entre Catherine e Heathcliff, senón que tamén abranxe as relacións amorosas da xeración seguinte: os seus respectivos fillos e mailo seu sobriño, e como Heathcliff manipula estas movido pola vinganza e mailo odio. E ao cabo, todo volve ao rego coma se a estraña anomalía que supuxo a aparición e maila existencia de Heathcliff non fose máis ca unha breve tempestade no devir dos páramos. "Cumes Torboentos" é un libro que gañou o dereito a figurar entre as cen, e mesmo as cincuenta, obras que calquera afeccionado á literatura debe ler porque é, sen dúbida, unha das mellores novelas de tódolos tempos.