Schlumpf, Erwin: Homicidio

ISBN: 9788484876205
Col·lecció: NARRATIVA
Autor: Friedrich Glauser
Editorial: LAIOVENTO (IBD)

Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: OTRO FORMATO LIBRO
Pàgines: 216
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/423020/image_1920?unique=d17dbfa
(0 revisar)

14,21 € 14.21 EUR 14,96 €

14,96 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    O sarxento Studer é unha persoa entrañábel, a quen é moi fácil collerlle cariño, un home moi da súa época, para ben e para mal, pero tamén un tipo especial: pachorrento, listo, dunha peza. Adoita traballar só, detesta a burocracia e empatiza cos personaxes marxinais con quen se atopa. É un home rexido pola ética da compaixón. En Suíza chegou a ser extremadamente popular.Schlumpf, Erwin: Homicidio, publicada en 1936, é a primeira das cinco novelas que protagoniza Studer. Nela xa queda moi ben presentada a poderosa figura do sarxento, cuxas aventuras nos van revelando unha Suíza descoñecida, moi afastada do tópico do chocolate, o queixo e os reloxos.Esta novela considérase a fundadora da tradición da novela policial en alemán. Isto explica que o premio de novela negra máis prestixioso do mundo xermanófono leve o nome de Friedrich Glauser. Sen o sarxento Studer non se pode escribir a historia da novela de detectives.En 2021, o xurado do XIX Premio Plácido Castro resolveu galardoar este libro. Os membros do xurado valoraron especialmente "a moi elevada calidade desta tradución, que mostra unha gran fluidez e dominio tanto do alemán como do galego", e tamén "o recurso ás notas a pé de páxina que axudan a contextualizar a obra".