Lingua e futuro

ISBN: 9788484875734
Col·lecció: ENSAIO
Autor: Goretti Sanmartín
Editorial: LAIOVENTO (IBD)

Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: NULL
Pàgines: 276
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/372412/image_1920?unique=2f79547
(0 revisar)

17,98 € 17.98 EUR 18,93 €

18,93 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    Este volume recolle dez artigos ligados entre si polo obxectivo central de ofrecer alternativas actuais á situación da lingua galega na actualidade.Mergullándose na complexidade da situación sociolingüística actual, as autoras e os autores dos textos que se inclúen nesta obra colectiva achegan as súas interpretacións reparando nos matices e fuxindo de descricións monolíticas e simplistas. O público lector achará, pois, nestas contribucións discursos heteroxéneos que conflúen na necesidade tanto de preservar o galego como lingua propia e principal deste país como de denunciar o asasinato das linguas como máis unha ferramenta de opresión e de dominación.Nesta liña, as páxinas deste volume pretenden coadxuvar a reverter a situación actual da lingua galega e obrigarnos a reflexionar criticamente sobre os camiños que debemos tripar. A perspectiva adoptada é fundamentalmente sincrónica, na procura de dar solucións e alternativas pensando e situándose no aquí e no agora desta conxuntura particular. Con todo, sendo a defensa do galego o centro da obra, a ollada que se deita ten como protagonista principal a diversidade lingüística e o convencemento de preservarmos, a través do seu mantemento, as diferentes maneiras de ver o mundo que constitúen unha riqueza substancial para a Terra e para os seres que a habitamos.