Nacionalismo e Imperialismo(e outros escritos )."Unha nación ceibe é aquela que posúe o absoluto control sobor dosseus própríos recursos e poderes internos, e que non sofre restriciónalgunha na súa interrelación con tódalas as outras nacións en semellantescircunstancias salvo as restricións establecidas pola natureza. Éiste o caso de Irlanda?. Se estivera en vigor o Home Rule Bill, sería iste ocaso de Irlanda? Para ámbalas dúas preguntas a resposta é: non;máisenfáticamente. íNON!".O texto que antecede forma parte dun artigo publicado por JamesConnolly no Worker\\\\\´s Republic o 12 de febreiro do 1916. O 24 de abrildese mesmo ano sublévase Irlanda -en singular, Dublín- e proclámasea República. Connolly é vicepresidente do Goberno Provisorio. Naloita que se entaboa coas tropas inglesas, cai ferido e, a seguida, preso.Coa ferida engangrenada, os militares ingleses condúceno nunhasangarellas ante o pelotón de fusilamento. Era o día 12 de maio. Nasxornadas precedentes correrá a mesma sorte toda a élite dirixente donacionalismo radical irlandés e da sublevación popular, na que caíran1.351 compatriotas seus.James Connolly, nado en Edinburgh de pais irlandeses emigrados,Cristian é marxista, pacifista enfrontado aos socialistas que caíran natrapela da confrontación bélica do catorce, nacionalista "radical", tiñadaquela córenla e sete anos. Non cumpriría en vida ningún máis. Fusílano:unha maneira como calquera outra de retirarlle a voz e o voto.Ao sumo, unha maneira máis traumática ca outras. Menos humillante,en troques. Hoxe, á vista dos antecedentes, alguén diría tal vez: gañounoa pulso. Alguén: se cadra, ese mesmo alguén que hoxe cualificade arrogante -ou mesmo provocadora-- ou de antiga farsa, a actitudeduns nacionalistas galegos que se negan a que lles retiren a voz e ovoto por vía regramentaria, incustionábelmente incruenta, dencle logoXosé Manuel Beiras en Por unha Galicia liberada, 1984.