Mulleres na guerrilla antifranquista galega

ISBN: 9788484873358
Col·lecció: ENSAIO
Autor: Aurora Marco
Editorial: LAIOVENTO (IBD)

Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: OTRO FORMATO LIBRO
Pàgines: 532
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/265704/image_1920?unique=6ff04b9
(0 revisar)

31,54 € 31.54 EUR 33,20 €

33,20 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    Mulleres na guerrilla antifranquista galega.Coa represión, que se xeneralizou coa vitoria dos sublevadosen 1939, centos de mulleres comprometidas coa guerrilla antifranquistaforon asasinadas, encarceradas, torturadas, violadas,recluídas en campos de concentración;tiveron que partircara ao exilio nunha viaxe, para algunhas, sen volta ou vivironun exilio interior. A súa é a crónica das silenciadas, porqueforon obxecto dunha dupla falta de memoria: por seren desafectasao novo réxime e pola súa condición feminina.A planificación política e ideolóxica imposta polo réximeditatorial e polo nacionalcatolicismo tivo unha especial incidencianas mulleres. Foi unha época en que o androcentrismocampou por todas as partes;agardábase que fosen transmisorasda ideoloxía do novo réxime e que estivesen alonxadasda actividade pública. De aí a incomprensión, o rexeitamentopara as que traspasaron as barreiras da domesticidade porque,en maior ou menor medida, estaban exercendo unha actividadepolítica e, por tanto, pública. A represión, que adoptoudiversas facianas, foi especialmente cruel coas mulleres, maisas dimensións e a ferocidade dos métodos utilizados coasguerrilleras foi brutal.Para elas durante moitos anos só houbo silencio, esquecementoe tortura moral, ao facelas pasar non só como bandoleiras,igual que os seus compañeiros de loita, senón taméncomo as "queridas", as amantes dos guerrilleiros. Por iso recuperaros seus nomes, a súa voz, a súa actividade comoguerrilleiras do monte ou da chaira significa darlles existenciae desvendar o papel que tiveron na resistencia antifranquista.E é, tamén, unha forma de homenaxealas porque, malia asmúltiplas negacións, a súa verdade histórica non se pode ninse debe esquecer.