ROSALÍA DE CASTRO. ESTUDIOS SOBRE A VIDA E A OBRA

ISBN: 9788484872672
Col·lecció: ENSAIO
Autor: Andrés Pociña e Aurora López
Editorial: LAIOVENTO (IBD)
Publicat: 2.015
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: OTRO FORMATO LIBRO
Pàgines: 438
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/247139/image_1920?unique=6ff04b9
(0 revisar)

28,49 € 28.490000000000002 EUR 29,99 €

29,99 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    Esta obra monumental constitúe un utilísimo instrumento para calquera outra investigación sobre Rosalía de Castro. Temos á man documentación cronobiográfica fundamental, como a que demostra, por exemplo, a vida tan temperá da autora coa súa nai, en Padrón (segundo achado do finado Manuel Pérez Grueiro no rexistro deste concello), o que valerá de vez -esperamos- para desmontar fantasías sen fundamento ningún sobre as relacións materno-filiais. Temos un completo percurso pola crítica contemporánea de Rosalía, que nos ilustra sobre a recepción que a súa obra merecía. Fica debuxada unha biografía, con dados certos, tantas veces falseada ou ocultada;permítenos o libro practicarmos un itinerario crítico onde non se ocultan dados, autores, nin se furtan valoracións, cousa sempre de agradecer para os que estimamos que se xogue \"coas cartas boca arriba\" e non, como tantas veces padecemos, usando da \"vaporización\" orwelliana para facer desaparecer (como se houbese que asentir ao revival do \"Indice\") obras ben significativas e valiosas da fortuna crítica de Rosalía de Castro.