O historiador Uxío-Breogán Diéguez partiu dunha pormenorizada investigación sobre o material documental e bibliográfico existente para trazar este retrato histórico dun home de personalidade polémica e ata o de agora só parcialmente coñecida. O percorrido vital de Alvaro de las Casas (Ourense 1901-Barcelona 1950) é coñecido sobre todo pola súa estreita vinculación coas mocidades de Ultreya, organización xuvenil que foi un dos berces do galeguismo a comezos do século XX, e pola súa militancia polémica nas fileiras do partido galeguista, no que representou unha tendencia caracterizada por certo extremismo. Este traballo de Uxío-Breogán permite descubrir cuestións ata o de agora pouco estudadas, achegándonos a biografía do personaxe desde diferentes e novas perspectivas: a súa relación coa Casa Real en Madrid ou a etapa final, pero fundamental para completarmos o seu retrato, en Sudamérica.