Quen son Crías de animais é unha colección para inspirar a curiosidade pola fauna e o coidado da natureza dende as primeiras idades. Con textos sinxelos e cientificamente rigorosos acompañados de suxestivas ilustracións, cada título permite coñecer sete crías dun continente en forma de adiviña. Aos primeiros volumes dedicados a África e Europa, súmanse dous novos títulos, Quen son Crías de animais - América e Quen son Crías de animais - Australia, que van completando esta proposta de referencia para escolas, bibliotecas e familias.