Outra idea de Galicia

ISBN: 9788418619519
Col·lecció: SIN COLECCION
Autor: Murado, Miguel-Anxo
Editorial: DEBATE
Publicat: 2.022
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: RUSTICA
Pàgines: 208
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/358361/image_1920?unique=6ff04b9
(0 revisar)

17,01 € 17.01 EUR 17,90 €

17,90 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    *Nova edició revisada e actualizada* Un libro pensado inicialmente para explicarlles Galicia aos non galegos, pero que se converteu nun texto de referencia dentro do propio país. Esta é a esperada versión galega, preparada e actualizada polo autor, dun libro pensado inicialmente para explicar Galicia aos non galegos, pero que axiña se converteu nun texto de referencia dentro do noso propio país. Nel, o escritor Miguel-Anxo Murado, constrúe unha particular «teoría de Galicia», utilizando os recursos do libro de viaxes, a crítica literaria, a xeografía ou a historia. Cun estilo irónico pero apaixonado, o autor vai desmontando os tópicos acumulados sobre o país, tanto polos seus visitantes como polos propios galegos, para intentar descubrir e explicar o que caracteriza e distingue Galicia. Críticas: «O que subxace como pano de fondo en Outra idea de Galicia non é máis que a ollada sempre indagadora e nunca compracente de Miguel-Anxo Murado, a súa curiosidade intelectual, o seu estilo irónico e directo.» Martín Veiga, Galicia 21 «Unha ferramenta útil para lembrarnos a nós mesmos quen somos.» César Lorenzo Gil, A Nosa Terra «Control do pulso. A nada motricidade. Movementos que se producen case imperceptibles: Murado limpa as ideas extremas, pon certa racionalidade sobre a mesa, elude as controversias facendo uso do que a rman os feitos.» Nelson Rivera, El Nacional de Caracas