Non somos fillas de Rosalía... Non somos unha elite nin pretendemos pasar á historia. Vivimos como cidadás de a pé nunha Galicia que loita por incorporarse con dignidade aos tempos modernos. Vémonos rodeadas por xente que o fai mellor ca nós (escritores, deseñadores, músicos, empresarios, pintores...) e iso estimúlanos. Secasí, hai unha humilde maneira de sentirse importante, a de quen abre camiño sen deixar constancia da súa pegada, e esa é a nosa. (María Victoria Moreno: Nosoutras)