Un lóstrego bate enriba de Domènec, o poeta-labrego, que morre de inmediato. O lapso fugaz entre a vida e a morte marca esta historia de historias na que se mesturan pasado, presente e futuro;onde conviven realidade e ficción, historia e mitoloxía. «Canto eu e a montaña baila» é unha novela coral na que toman a palabra mulleres e homes, nubes e fungos, osos e cervatos que habitan entre Camprodon e Prats de Molló. Nesta zona do Pirineo catalán consérvase a memoria de séculos de loita pola supervivencia, de persecucións e de guerras fratricidas. Mais encarna tamén unha beleza propicia para liberar a imaxinación e contar historias;onde comezar de novo e acadar unha certa redención.