Unha ollada renovada sobre os grandes interrogantes do ser humano: o pasar do tempo, o amor, a morte... Hora de penumbra é o título do novo libro de poemas do escritor e pintor Xurxo Alonso. Recibiu en 2019 o primeiro premio do IIº Certame de Poesía Torre de Caldaloba que convocan anualmente o Concello de Cospeito (Lugo) e a Asociación Cultural de Pino, en colaboración con Culturalia GZ.