A pequena familia é un álbum sorprendente. Publicado orixinalmente en 1964, contén catro historias deliciosamente absurdas escritas con frases sinxelas e palabras cotiás que van repetíndose e sumándose nunha estrutura acumulativa. As coloridas ilustracións de John Alcorn, un dos referentes históricos da ilustración pop, son o acompañamento perfecto desta obra que leva un glosario bilingüe final como recurso para aqueles que queiran perfeccionar o seu vocabulario en inglés.