San Mauro

ISBN: 9788412800647
Col·lecció: HISTORIAS COÑECERMOS PONTEVEDRA
Autor: Corbillón, Mercedes
Editorial: ELVIRA EDITORIAL
Publicat: 2.023
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: OTRO FORMATO LIBRO
Pàgines: 1
Termini d'entrega: 4 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/917700/image_1920?unique=6ff04b9
(0 revisar)

10,45 € 10.450000000000001 EUR 11,00 €

11,00 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    Pola súa situación xeográfica e administrativa, Pontevedra sempre dependeu dunhas boas comunicacións para dar servizo á súa área metropolitana, e como capital, ao resto da provincia. Estas infraestruturas teñen carácter paradoxal, por unha banda, unen espazos xeográficos, mentres que, por outra, separan lugares con algún significado. A zona leste da cidade está a experimentar esta circunstancia por mor da liña férrea que une a vila do Lérez con Vigo e Compostela. Na actualidade, Pontevedra é a única grande urbe galega que gaña poboación de xeito constante, xa que logo, estase a expandir cara ao leste, até os barrios tradicionais da Parda e Valdecorvos en Mourente, sen esquecer Campolongo, no oeste. O reto no futuro será integrar eses barrios ao modelo urbano polo que aposta a cidade, centrado nas persoas e na calidade de vida, respectuoso co patrimonio cultural e natural das parroquias. Volver, un tango pontevedrés: Rosa é o nexo emocional que mantén vivo no tempo a sensación de estar en casa. Cando Ana sae da estación de tren para ver a súa nai, a única patria que recoñece de seu, rexorden lembranzas que tiña agochadas. O relato cóntanos con certa nostalxia como se vai construíndo unha familia e como cambia co paso do tempo. A autora concibe as historias de vida como unha viaxe interior de ida e volta que transcorre na memoria das protagonistas, coa cidade de Pontevedra como fío condutor. Alberto Vilaboa