O TEMPO QUE VIVIMOS

ISBN: 9788412222111
Col·lecció: ONSA
Autor: Varela Fariña, Roberto
Editorial: CHAN DA POLVORA
Publicat: 2.021
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: TAPA DURA
Pàgines: 126
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/337728/image_1920?unique=4e70912
(0 revisar)

27,55 € 27.55 EUR 29,00 €

29,00 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    O tempo que vivimos ábrese con Recorremos a inmensidade, unha longa secuencia que anuncia os espazos e as atmosferas dun libro que sempre esquiva a adversidade ao bordo do abismo. Nostalxia, melancolía, anhelo é a segunda secuencia e nela aparece o único retrato do autor en todo o volume: el, posto de pé sobre un trampolín, contenplando a superficie das augas dunha piscina. O terreo baleiro [laceración], a seguinte sencuencia, esculca as áreas ilusorias da mente, a fantasía, a alucinación e a propia imaxe como elementos que tamén fornecen a memoria e que, ao tempo, a disturban. Non podo deixar de ser quen son nin co que son conformarme dálle título á cuarta secuencia, que de novo nos demerxe na dimensión ilusoria da identidade. A memoria creámola xuntos / a viaxe é longa e rápida serve de introdución a un conxunto de imaxes sobre a inestabilidade da vida, para logo demerxenos nos efectos de Loita e traballo. O libro péchase con Onde se deposita o tempo, secuencia marcada pola serenidade, os residuos e a disolución. Trátase dun libro que nos conduce a través de visións sempre inquietantes, de gran profundidade emocional, cun discurso que non oculta as caras menos compracentes nin se recrea nas máis liviás. Ás veces aparecen labirintos, os trampaollos e a estradas que semellan perderse en sitio ningún. Son reflexos que nos hipnotizan na súa beleza ou son masas que nos estremecen no silencio da súa violencia. E case sempre, como un sedimento, está a soidade, as escintilacións, a vida...