SOÑAN OS ANDROIDES CON OVELLAS ELÉCTRICAS?

ISBN: 9788416721443
Col·lecció: NARRATIVA
Autor: Dick, Philip K.
Editorial: FAKTORIA K DE LIBROS
Publicat: 2.019
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: LIBRO EN OTRO FORMATO
Pàgines: 296
Termini d'entrega: 5 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/312081/image_1920?unique=0342df9
(0 revisar)

16,15 € 16.15 EUR 17,00 €

17,00 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    A consigna que reiteraban os carteis, os anuncios de televisión e os correos masivos do goberno dicía: «Emigración ou dexeneración, ti elixes!». Rick pensou que era moi certo mentres abría a cancela do pradiño e se achegaba ao carneiro eléctrico. «Pero eu non podo emigrar ?dixo para si?. Polo traballo.» Un mundo cheo de pó radiactivo provocado por unha devastadora guerra nuclear que aniquilou a maioría dos animais e que obrigou a emigrar a boa parte da poboación mundial é o apocalíptico escenario de ?Soñan os androides con ovellas eléctricas??. Os superviventes cobizan calquera criatura viva e, quen non pode pagar para tela, consegue réplicas de asombroso realismo. O protagonista desta novela de ciencia ficción é Rick Deckard, un ex-axente mercenario que se dedica a cazar -ou retirar- androides renegados. As unidades dun modelo de última xeración, case idénticas aos humanos e que chegaran á Terra fuxindo dunha colonia espacial onde eran pesimamente tratados, son o seu novo obxectivo. Pero os Nexo-6 son case imposibles de distinguir das persoas de carne e óso. Esta dificultade causaralle non poucos problemas e fará que teña que afrontar situacións que endexamais imaxinara;axiña os coñece, cambia a súa percepción e entende o aprezo que teñen pola vida.