Luisa era unha nena valente que, desde ben noviña, loitou polo que cría xusto e defendeu a igualdade das mulleres. Viviu nunha época na que as mulleres debían levar saia, a pesar de que en moitas ocasións fose incómoda e non lles permitise moverse con liberdade. Luisa decidiu cambialo;a solución era tan doada como pór uns pantalóns, pero estiveron todos de acordo coa súa decisión