A pita xefa

ISBN: 9788499953816
Colección INFANTIL-XUVENIL
Autor: Lado Ínsua, Marta
Editorial: BAIA
Publicado: 2.021
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: TAPA DURA
Páginas: 34
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/358340/image_1920?unique=0342df9
(0 reseña)

14,63 € 14.63 EUR 15,40 €

15,40 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021) O tribunal recoñeceu na obra: ?A temática axústase estritamente ás bases, criticando os roles de xénero tan asentados na nosa sociedade e loitando contra os estereotipos, cunha historia orixinal, divertida e reivindicativa sen caer en dogmas nin estereotipos. Enmárcase nun mundo animal-natureza co que é doado que se identifiquen as lectoras e lectores aos que vai dirixida, considerando un acerto o emprego da imaxe do galiñeiro, que ilustra perfectamente as leis que rexen o comportamento dos distintos individuos que o forman, piramidal e dominada polo galo. Abre a porta a unha mudanza dos comportamentos estabelecidos dun xeito lúdico sen caer no dirixismo e tratando á rapazada con intelixencia. Anima a romper cos esquemas sexistas dominantes, pon de manifesto a utilidade da unión e anima a loitar por un obxectivo igualitario. O emprego do galego está moi coidado, presentando estruturas e léxico do noso, resultando un texto fresco, divertido, con musicalidade, conectado con refráns e bastante retranca. A linguaxe é clara e está ben adaptada a primeiras lectoras e lectores. Trátase, á fin, dun texto rico en imaxes, o que favorecerá o traballo de ilustración da obra. Ambos rexistros, texto e imaxe, poderán perfectamente complementarse e dar lugar a un fermoso álbum ilustrado?. *** Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué... pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro!