Contos do mar de Irlanda

ISBN: 9788499146997
Colección NARRATIVA
Autor: Souto, Xurxo
Editorial: XERAIS
Publicado: 2.014
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: RUSTICA
Páginas: 328
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/241795/image_1920?unique=0342df9
(0 reseña)

21,80 € 21.8 EUR 22,95 €

22,95 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    «As cousas do mar non se contan na terra», dixo o Machín de Muxía. Galiza é unha pedra chantada no Atlántico e un espazo mariño que abrangue todos os océanos. Quizá un mariñeiro do Berbés non saiba onde queda Fonfría, aló arriba na montaña, mais todos saben de Capetón, Cape Town, na fin de Africa. Un mariñeiro do Muro non saberá, quizá, de Olelas, na raia de Portugal, mais todos saben de Antuerpe, que é como lle din en galego do mar a Amberes, o gran porto do Norte. Prodixioso saber gremial, absolutamente vedado a terrícolas e terrícolos. Cómpre romper con esta fronteira de silencio. E cómpre principiar a mollarse na auga máis doméstica: o Gran Sol. Caladoiros tan humanizados polos nosos avós que dende hai moitas décadas teñen nome en galego. Embárcate nestas palabras. Alén do paralelo 48º N, o Mar das Galiñas, a Cona da Vella, a Ferradura agardan. Está subindo a marea, ti non quedes varado en seco.