O oso traballaba arreo para ter o bosque limpo e ordenado;pero, ao chegar o inverno, erguíase, somnámbulo, e non paraba de facer falcatruadas. Cando espertaba, na primavera, atopaba todo ciscado;daquela gruñía e buscaba no bosque os culpables da desfeita. Ata que un día, somnámbulo, caeu na trampa que el mesmo tiña artellado. ~