Velaquí unha biografía que combina testemuños, documentos e literatura para achegar o lector a unha das figuras que viviu de preto períodos e acontecementos fundamentais de Historia galega do século XX. Das Irmandades da Fala á Ditadura de Franco, da emigración cubana e o movemento agrarista ao galeguismo de posguerra e o mito do poeta da patria. Un relato contado co pulso do narrador e a obxectividade do auténtico cronista. A partir dun rigoroso traballo de investigación, Luís Rei reconstrúe o camiño longo existencial do poeta Ramón Cabanillas.