Repostería en Galicia

ISBN: 9788497824194
Colección GASTRONOMIA
Autor: Casalderrey, Fina;García, Mariano
Editorial: XERAIS
Publicado: 2.006
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: TAPA BLANDA O BOLSILLO
Páginas: 344
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/213707/image_1920?unique=67ba2e1
(0 reseña)

29,93 € 29.93 EUR 31,50 €

31,50 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    ¿A quen lle amarga un doce? Iso é o que Mariano García e Fina Casalderrey se preguntan no limiar de Repostería en Galicia, un libro clásico na literatura gastronómica galega, revisado e actualizado nesta nova edición que ofrece a colección Xerais Gastronomía. Desde os doces sinxelos que se poden facer na casa, sen precisar experiencia na cociña, aos de maior complexidade na súa elaboración, e desde os sabores de longa tradición aos máis innovadores, toda a repostería do país se dá cita nestas páxinas. Logo dun minucioso traballo de investigación, que levou os autores a percorrer física e bibliograficamente Galicia, aquí está o resultado;un libro esencialmente práctico que se divide en catro partes: unha historia da repostería en Galicia;trucos e advertencias;cremas, masas e outros complementos;e un impresionante inventario de 219 receitas, acompañadas dun pequeno comentario sobre a orixe, evolución e características do prato. As rosquillas, as deliciosas canas fritas, o clásico roscón, os melindres, a gorentosa bica, as natillas, os biscoitos, as chulas, os amendoados, a marmelada, a torta de chicharróns, as orellas, o arroz con leite, o queixo de tetilla, o flan de ovo, as papas de millo...