O tempo das mareas

ISBN: 9788492923670
Colección SIN COLECCION
Autor: Lopo, María
Editorial: CONSELLO CULTURA GALEGA
Publicado: 2.016
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: TAPA BLANDA O BOLSILLO
Páginas: 217
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/258616/image_1920?unique=073dddd
(0 reseña)

14,25 € 14.25 EUR 15,00 €

15,00 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    María Victoria Casares Pérez naceu fronte ao mar da Coruña en 1922. As guerras e os exilios conducírona a Francia, onde se converteu en Maria Casarès, unha das grandes actrices europeas do século XX. O tempo das mareas percorre a súa vida dende unha óptica galaica, achegando datos e materiais inéditos sobre a infancia coruñesa, a adolescencia madrileña, a xuventude exiliada e a madurez plena dunha das personalidades culturais máis interesantes e descoñecidas da Galicia contemporánea. Recuperar a Galicia de María Casares, reintegrar a súa memoria á nosa é a proposta destas páxinas, porque a súa Galicia forma parte da historia que nos foi negada, e porque a actriz sempre levou con orgullo e dignidade o seu ser de muller galega. María Casares fixo vivir Galicia na creación artística francesa, modificando as súas linguaxes teatrais en clave galaica e deixando a súa traza oceánica no universo mediterráneo de Albert Camus. Descubrindo a Galicia de María Casares, a súa liberdade, comprendéndoa, quizais poidamos facer un pouco máis libre a nosa.