Demerara

ISBN: 9788491516194
Colección LITERARIA
Autor: G. Barreira, Wagner
Editorial: GALAXIA
Publicado: 2.021
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: RUSTICA
Páginas: 212
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/355374/image_1920?unique=073dddd
(0 reseña)

17,29 € 17.29 EUR 18,20 €

18,20 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Bernardo é un mozo galego que se criou nun orfanato de Vigo, daquela nos albores do seu espertar como a cidade dinámica que agora é. En 1918, tras deixar a institución, leva unha vida errante polos arredores do porto, punto de partida para tantos galegos, e embarca no vapor Demerara camiño do Brasil, nunha viaxe sen perspectiva e sen vontade, sen saber que ou destino o fai compañeiro de viaxe da pandemia da gripe española. ?Aquel navío era un pouco como a miña vida. Estaba en movemento, cercado de moita xente, e aínda así só no océano?. Mestura de ficción e feitos históricos, a novela naceu a partir das pescudas do autor sobre as orixes do seu avó paterno, do que pouco se sabe: era vigués, chegou ao Brasil no navío Demerara e morreu o día do bautismo do seu único fillo. Home e navío son personaxes indivisibles en Demerara, onde o autor fai un traballo minucioso de investigación que proporciona ao libro unha forte base histórica a través dunha escrita potente, elegante e fluída que nos achega a unha época en tempos de pandemia.