O viaxeiro perfecto

ISBN: 9788491514237
Colección LITERARIA
Autor: García Campos, Iván
Editorial: GALAXIA
Publicado: 2.019
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: RUSTICA
Páginas: 204
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/318800/image_1920?unique=0342df9
(0 reseña)

17,48 € 17.48 EUR 18,40 €

18,40 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Mario, un condutor, e Raimundo Martín, un ancián nada corrente, coinciden nunha ambulancia. Sen que ningún dos dous o pretenda, quedan unidos por un vencello inexplicable, coma se compartisen inconscientemente a solución dun enigma. Ese vínculo descoñecido vainos levar a facer unha viaxe, a derradeira viaxe de Raimundo. A vida de ambos vaise despregar conforme o coche percorre quilómetros. O tempo estenderase polo espazo coma quen desenrola unha alfombra na que os debuxos parecen estar dispostos seguindo a orde do azar. O viaxeiro perfecto amosa non como son as cousas en realidade senón como son realmente as cousas, tendo en conta que, as máis das veces, coma nas aventuras de ficción, a vida é accidentada e está dominada polas circunstancias. Cunha prosa ateigada de revelacións e faíscas inesperadas, da que o humor tamén forma parte, o autor de O imposible de desatar (Premio Blanco Amor 2010) crea dous personaxes inesquecibles, na xinea de James Boswell e o Dr. Johnson, para introducirnos no que é unha insólita novela de viaxes.