Na calma da selva, una sucesión de golpes alerta a todos: "Bum, Bum". O león sobresáltase, a xirafa mira con sorpresa, os paxaros asústanse e entón apareceu facendo footing Sara, unha elefanta cunha cinta na cabeza. " Animalia " é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. Historias autoconclusivas dunha páxina reunidas en tres entregas: a primeira, " Animalia 1. Verde " , localizada na selva;a segunda, " Animalia 2. Branco " , no mundo do mar e da auga;e a terceira, protagonizada polos animais domésticos. " Animalia " constitúe unha reflexión sobre a humanidade como especie e como civilización, dende as posibilidades que ofrece a caracterización dos animais na súa diversidade.