Neste volume recóllense unha serie de artigos que AntonioGramsci escribiu entre os anos 1914-1918, é dicir, inicio e finda Primeira Guerra Mundial e a aparición, súbita, cara ao leste,da Revolución bolxevique.Escritos de mocidade ilustra o itinerario socialista do Gramscimozo: proposición de entrada en guerra de Italia a carón dosaliados e influencias da esquerda anti-conflito reunida enZimmerwald, contacto coa clase obreira turinesa e o espectáculodos seus combates, o esforzo por elaborar unha víaorixinal italiana do marxismo, contra as influencias positivistase por un retorno ás posición hegelianas vía BenedettoCroce, o encontro coa definición rusa e o esforzo por definiro bolxevismo.Mais tamén un esforzo para introducirse na cultura popular,nas canles de difusión da cultura burguesa, por elevaro ton e o fondo das mensaxes dirixidas ao proletariado, oenfrontamento coa vella garda socialista e co reformismo.Aínda que ás veces estes artigos ou traballos se resenten doseu formato xornalístico, non deixan de conformar as basesdo que serán, na súa madureza, as constantes do pensamentogramsciano: estudo da cultura e literatura populares, a funcióndos intelectuais, a construción dun partido revolucionario, ahexemonía do proletariado, a estratexia para unha revoluciónen Occidente, etc.Hoxe, como sempre pero talvez máis que nunca, o lectorpode tirar leccións e ensinanzas destes escritos xuvenís deGramsci para comprender o mundo actual