ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA

ISBN: 9788484873693
Colección ENSAIO
Autor: Francisco Xavier Redondo Abal
Editorial: LAIOVENTO (IBD)
Publicado: 2.017
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: OTRO FORMATO LIBRO
Páginas: 236
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/283209/image_1920?unique=6ff04b9
(0 reseña)

16,06 € 16.06 EUR 16,90 €

16,90 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Nese longo período ditatorial (1936-1976, corenta anos) o franquismo variou as formas de exercer o control xurídico-penal sobre a poboación e na represión do antifranquismo activo. Entre outros cambios de aparencia era imprescindible modificar/adaptar o aparato lexislativo, nomeadamente o aplicado por tribunais militares con leis militares a persoas civís, xulgadas por actividades que nos países democráticos eran a base do exercicio dos dereitos cívicos: liberdades de reunión, asociación, expresión, de loita contra a opresión. Neste ensaio, despois dunhas moi apreciables reflexións historiográfi- cas e dunha obxectiva análise das forzas antifranquistas actuantes en Galiza, o autor, nunha intelixente secuencia, vai dando conta da xénese, evolución, os porqué e quen foron xulgadas/os, polo TOP. Con técnicas cuantitativas relaciona e compara lugares, xénero, profesións, idades, afiliación, sentenzas, penas, absolucións..., extraendo minuciosamente dados de 484 procedementos xudiciais, dos que no capitulo 4º analiza sete casos representativos. O seu coñecemento dos sistemas arquivísticos permítelle presentar e esmigallar con pericia na base de dados TOPDAT a nómina de galeg@s que ese tribunal xulgou, completando o estudo cos nomes e posteriores cargos públicos nos máis altos niveis xudiciais ?democráticos? dos maxistrados que exerceran con total aplicación no terrible TOP franquista, rematando cunha moi coidada (e verdadeiramente consultada) relación bibliográfica, hemerográfi ca e doutras fontes. Bernardo Máiz Vázquez