TEXTÍCULOS DRAMÁTICOS E POSDRAMÁTICOS

ISBN: 9788484872375
Colección TEATRO
Autor: Afonso Becerra de Becerrea
Editorial: LAIOVENTO (IBD)
Publicado: 2.014
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: OTRO FORMATO LIBRO
Páginas: 134
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/249266/image_1920?unique=6ff04b9
(0 reseña)

12,35 € 12.35 EUR 13,00 €

13,00 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    \"Hai neste libro de Afonso Becerra diferentes niveis de lectura, pois contén algo máis que as 10 pezas breves que se anuncian no índice, agrupadas baixo o lema \"textículos dramáticos e posdramáticos\", que, como tal, xa implica unha vontade clara de polémica, tanto pola filiación \"post\" que se lles reclama, como pola dimensión \"testicular\" dos ditos textos, o que supón un indicador preciso do núcleo temático dos mesmos que non é outro que as formas do amor (ou do desamor). Hai xa bastantes anos asistín a unha conversa entre dous coñecidos dramaturgos na que un lle preguntaba ao outro pola temática da súa nova peza, ao que o outro respondía dicindo que trataba do de sempre, \"de amor\", pois o amor, ou a súa ausencia, sempre está na raíz das historias dos seres humanos, dos grandes relatos e das pequenas lerias que alimentan as nosas vidas. E estes \"textículos\" de Afonso Becerra latexan coa forza multiforme do amor, como tamén aquel verso demoledor do vello poeta da vella cidade: \"Pero turbados los dos nos escondíamos\".(Do prólogo de Manuel F. Vieites)\"Estes textículos dramáticos e posdramáticos (textos minúsculos) son órganos exentos de testosterona. No que atinxe ás hormonas sexuais, estas partículas, dramáticas e posdramáticas, buscan o difícil xogo de equilibrios e oposicións entre testosterona, estróxeno, oxitocina e outras bioquímicas que pugnan por erguer o corpo e a emoción enriba dese palco teatral que é a vida humana. Textículos dramáticos e posdramáticos é como unha segunda parte daquelas Dramatículas (Laiovento, 2010), e unha homenaxe irónica á expresión empregada algunha vez por Julio Cortázar.\"(O autor)