Unha última carta

ISBN: 9788484642718
Colección SIN COLECCION
Autor: Papatheodoulou, Antonis
Editorial: KALANDRAKA
Publicado: 2.018
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: TAPA DURA
Páginas: 48
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/271226/image_1920?unique=6ff04b9
(0 reseña)

14,25 € 14.25 EUR 15,00 €

15,00 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    "Unha última carta" transpórtanos a unha pequena e fermosa illa mediterránea cuxos habitantes teñen a fortuna de contar cun amable carteiro. Máis de 50 anos de servizo chegan ao seu fin nunha derradeira xornada de traballo que resultará inesquecible para todos. Empregando unha linguaxe poética e metafórica que xoga aos contrastes, Antonis Papatheodoulou presenta unha entrañable e emotiva homenaxe ao vello oficio de repartir cartas: o protagonista é un mensaxeiro vocacional, comprometido co valioso material que transporta na súa saca, cargada de afectos, recordos, boas e malas novas... As ilustracións completan e enriquecen o texto cun orixinal collage de imaxes relacionadas co gremio postal: sobres, selos, palabras manuscritas que trazan a forma dos personaxes... Cun estudado esquema cinematográfico, Iris Samartzi combina distintos tipos de planos, ata o extremo de situar a ollada dos lectores no interior do bolso do carteiro. Tamén se coida o aspecto cromático, cunha luminosa paleta na que predominan brancos, azuis, ocres, e coa que mesmo se plasma a carga simbólica de cada cor.