A árbore da escola

ISBN: 9788484642596
Colección DEMADEMORA
Autor: VV.AA.
Editorial: KALANDRAKA
Publicado: 2.016
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: TAPA DURA
Páginas: 40
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/267224/image_1920?unique=1e764f9
(0 reseña)

13,30 € 13.3 EUR 14,00 €

14,00 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    "No patio da escola había unha árbore. Só unha. A Pedro gustáballe correr preto daquela árbore durante os recreos. Cando pasaba ao seu lado mirábaa de esguello, para non chocar con ela. Un día, detívose e fixouse no seu aspecto. Era moi delgada, con pólas finas, como de arame, e tiña unhas poucas follas secas. Pedro achegouse e acariñou o seu tronco..." A importancia da educación ambiental, o contacto directo do alumnado coa natureza para a súa formación integral e o espírito colaborativo na comunidade educativa están presentes en "A árbore da escola". Esta historia de estrutura circular narra -cunha linguaxe sinxela- a relación entre un neno e unha pequena árbore que vai medrando grazas ao agarimo que recibe del, e ao afecto doutros compañeiros que seguen o seu exemplo. Malia a reticencia inicial a que interactuaran coa árbore, a propia mestra acaba sumándose tamén á iniciativa dos alumnos, que conseguen chamar a atención dos botánicos.