Resistencia

ISBN: 9788483029251
Colección NARRATIVA
Autor: Aneiros, Rosa
Editorial: XERAIS
Publicado: 2.002
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: TAPA BLANDA O BOLSILLO
Páginas: 304
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/213789/image_1920?unique=2f79547
(0 reseña)

21,80 € 21.8 EUR 22,95 €

22,95 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Resistencia, a obra que constitúe o debut de Rosa Aneiros en Xerais Narrativa, percorre a historia política e social de Portugal, a través da vida de personaxes pertencentes a varias xeracións, desde os anos vinte ata os anos noventa do século XX. Mercé ao relato, a través dunha voz narrativa omnisciente, preferentemente presentada en terceira persoa, que protagonizan os personaxes principais -Dinís e Filipa- artéllase un percorrido centrado na represión exercida en Portugal durante as dictaduras de Salazar e Marcelo Caetano e na actividade da resistencia clandestina antifascista;un pano de fondo fundamental entretecido co relato dun bo número de historias de amor, entre as que salientan a de Dinís -un obreiro da fábrica de vidro Irmáns Stephen- e Filipa -filla dun rico comerciante de Coimbra-. Dinís e Filipa namoran perdidamente sen calibrar as consecuencias. O Pinhal do Rei, no oeste portugués, converteuse no testemuño da vida. Pero ninguén pode escapar ós designios do tempo e a vida dos amantes viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron Portugal ata a Revolución dos Caraveis. Para os protagonistas a militancia política non foi unha opción senón unha esixencia e tiveron que pelexar contra a miseria e contra os seus propios sentimentos. E loitaron desesperadamente coa única arma da que dispuñan: a resistencia. Resistencia é unha novela de amores afastados na que todo o move o amor, que case sempre nace inocente e que axiña se vai tornando complexo é difícil. Unha novela memorable que se move entre a exaltación da resistencia política exercida por algúns personaxes e o amor entendido como algo cruel que converte as persoas en escravas. Novela apaixonante, escrita co ímpeto da vida, difícil de esquecer;Resistencia é, pois, toda unha singradura a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio.