Este Xogo de lectura é un material de traballo baseado en actividades que deben realizarse logo da lectura do libro Carlos Baza, "Cabaza", número 41 da colección Altamar. O caderno divídese en unidades didácticas, de maneira que cada unidade está composta dun ou dous capítulos do libro de lectura (que os alumnos len ao primeiro) e dunha serie de exercicios referidos ao texto do devandito capítulo ou capítulos: comprensión, vocabulario, habilidade visual...Recomendado para 5.º e 6.º de Primaria.