Mariña camiña polo bosque, as follas secas estalan ao seu paso. De súpeto mete o pé nun obxecto duro e cortante. É unha lata de metal! Por se fose pouco, vai e queda atrapada. Por sorte, un grupiño de animais do bosque achégase para botarlle unha man. Mariña, Xurxo, Naim, Toni e Liz son algúns dos protagonistas destas trece historias vencelladas pola empatía nas que será preciso entender os sentimentos dos demais.