Emilia Pardo Bazán e Galicia

ISBN: 9788418966316
Colección SIN COLECCION
Autor: Paz Gago, José María
Editorial: HERCULES EDICIONES
Publicado: 2.022
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: TAPA DURA
Páginas: 248
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/370857/image_1920?unique=3114f8a
(0 reseña)

22,80 € 22.8 EUR 24,00 €

24,00 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Emilia Pardo Bazán amou Galicia apaixonadamente, entregándose en corpo e alma á súa terra, con toda a forza do seu xeneroso corpo e con todos os folgos do seu espírito magnánimo. Reflectiu esa paixón polo país ao longo de toda a súa extensa obra literaria, ensaística e xornalística, universalizando as nosas grandes urbes marítimas e as pequenas vilas mariñeiras, os nosos profundos vales e fermosas rías, toda a tipoloxía humana e a morfoloxía natural, a paisaxe e a paisanaxe galegas. Prestou particular atención, como modelo do seu adiantado feminismo, á labrega galega, exemplo de muller empoderada. Coincidindo co seu centenario (1921-2021), faise necesario reafirmar a condición galega da autora de Los Pazos de Ulloa e o seu compromiso irrenunciable coa terra que a viu nacer e que ela contribuíu a dar a coñecer en Europa e en América. Nas súas novelas e contos foi quen de converter a realidade galega do seu tempo en mito universal, como farán Rosalía e Curros, Valle, Castelao, Cela, Torrente ou Cunqueiro. Non se cinxe só á súa cidade natal ou á veciña Sada onde tiña a súa residencia estival;a cabeza e o corazón de Emilia Pardo Bazán abranguen Galicia enteira, dende as Mariñas coruñesas ata a comarca do Ribeiro do Avia e o Miño, dende Santiago de Compostela a Celanova, as Rías Baixas e as Rías Altas. Como afirma axeitadamente Ramón Villares, nada de Galicia lle era alleo, e iso reflíctese tanto no conxunto da súa obra como na realidade da súa vida. A escritora coruñesa participou activamente no movemento rexionalista galego, ao que fixo importantes achegas, pero o seu rexionalismo é esencialmente cultural e literario, non político. No seu pensamento, Galicia é unha terra privilexiada e diferente dentro da gran nación que é España. Chegou a recoñecer para Galicia a condición de nacionalidade, pero advirte que o protonacionalismo rexionalista pode levar ao separatismo, que ela rexeita abertamente.