"Agarde HOXE ÁS SETE DA TARDE no exterior do teatro Lyceum, na terceira pilastra comezando pola esquerda. Se é desconfiada, veña acompañada de dous amigos. Foi vostede aldraxada e váiselle facer XUSTIZA. Non chame á policía. Se o fai, todo será en van." Cando lle piden a Holmes que investigue unha críptica mensaxe recibida por Mary Morstan, nin el nin Watson agardan verse arrastrados a unha espiral de traizóns que xa vén de vello. Axiña estarán levando a cabo perigosas expedicións baixo o luar para descubriren o significado do signo dos catro, e resolver así un misterio soterrado durante anos.