Newland pertence á alta sociedade da Nova York de finais do século XIX. E está felizmente prometido a May Welland. Non obstante, un día a condesa Ellen Olenska, curmá de May, regresa de Europa. A condesa é independente, valente;moi diferente ao resto de mulleres. Newland verase involucrado no misterio de Ellen e deberá loitar contra os convencionalismos da alta sociedade, e do seu propio corazón. A idade da inocencia, gañadora dun Premio Pulitzer, é unha historia de gran paixón que critica os costumes da alta sociedade neoiorquina.