Masechaba consegue o seu soño da infancia: exercer a Medicina. Porén, axiña se enfronta á realidade de traballar nun hospital sen apenas recursos. Á vez que trata de aliviar a dor allea, a protagonista ten que vencer os seus propios demos: as fortes dores menstruais, o dó polo suicidio do seu irmán e as presións dunha nai profundamente relixiosa, que trata de afastala da súa única amiga, a combativa Nyasha.