XEOMORFOLOXIA E PAISAXE XEOGRAFICAS

ISBN: 9788416954964
Colección HOMENAXES
Autor: VV.AA.
Editorial: USC.UNIV.SANTIAGO COMPOSTELA
Publicado: 2.018
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: LIBRO EN OTRO FORMATO
Páginas: 570
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/302427/image_1920?unique=4be33e0
(0 reseña)

28,50 € 28.5 EUR 30,00 €

30,00 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Viaxeiro infatigable, profundo admirador e analista da paisaxe, minucioso investigador, docente recoñecido e entusiasta, a polifacética obra de Augusto Pérez Alberti -científica, divulgativa, didáctica, académica, colaborativa... - esténdese ao longo de corenta anos, nos que o seu nome foi acuñándose como imprescindible referencia da moderna xeomorfoloxía e a análise da paisaxe xeográfica, ao punto de ter sido un dos factores máis relevantes no estímulo e configuración da nova titulación de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. Co gallo da xubilación do mestre, máis de cincuenta colegas, colaboradores, discípulos e amigos, pertencentes a unha vintena de universidades e outros organismos, concítanse nas páxinas deste volume ofrecido na súa homenaxe e consagrado ás principais disciplinas e liñas de investigación polas que, ao longo de tan dilatada e vizosa carreira, o profesor Pérez Alberti vén transitando: xeomorfoloxía, con atención especial á xeomorfoloxía costeira, glaciar e periglaciar;hidroloxía;estudo da paisaxe e ordenación territorial;paleoambiente;aspectos didácticos das materias xeográficas... No seu conxunto, alén do alto valor científico e interese para investigadores nos eidos devanditos, este volume é, ao cabo, unha mostra colectiva de gratitude e recoñecemento a un labor de catro décadas de investigación e ensino.