Son unha minoría as persoas que teñen o que se entende por unha ?boa morte?. Iona Heath aborda a definición deste concepto e invita a pensar que forma de morrer queremos para nós e para os nosos seres queridos. ?Ao falar con amigos e colegas, decátome de que moitos poden describir a súa participación nunha morte especial en concreto, na que a persoa moribunda parecía capaz de controlar e orquestrar o proceso e morrer cunha dignidade e calma que deixaba a todos os que a rodeaban, mesmo ao doutor, coa sensación de ser uns privilexiados por participaren nesa historia, e dalgún xeito estraño arrequecidos pola experiencia", explica a autora. Pero esa forma de pasamento é pouco habitual.