?A historia de Leo pode parecer un pouco triste ao principio? pero realmente é unha historia moi fermosa, onde o neno, grazas ao seu tesouro, aprende a superar as cousas que lle suceden e a ser máis forte e alegre?? Así comeza esta historia onde o protagonista fácil e simplemente aprende a aceptar positivamente as vicisitudes da vida e a relaxarse en profundidade? e deste xeito ser moi feliz. Vostede lector pode que atope agochado entre as historias e os debuxos algunha mensaxe para reflexionar. Para o neno, adolescente, pai ou nai, familia ou amigos que llo lea a outra persoa, lles desexamos que goce da súa delicada enerxía. Especialmente para os nenos e, en particular, para o neno que todos levamos dentro. Este conto tamén foi creado con fins educativos e de doada adaptación na clase. O coñecemento de si mesmo e a relaxación son materias que pódense instalar no ambiente escolar desde unha idade temperá. Isto melloraría exponencialmente o desenvolvemento, a atención e a felicidade de nenos e estudantes.